ESCUDERIA LA CORUÑA CON 2 EQUIPOS NO 38 RALLI BERBERECHO DE NOIA (FGA)

Os días 19 e 20 de abril vai a XXXVIII edición do RALI BERBERECHO DE NOIA, que celebra o 50 Aniversario da Escudería Berberecho (1974-2024), terceira proba clasificatoria para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes 2024. (Federación Galega de Automobismo ).

Estaremos presentes con 2 equipos:

Nº7 ESCUDERIA LA CORUÑA – IAGO CAAMAÑO FIGUEIRA – ALBERTO RODRIGUEZ GONZALEZ – FORD FIESTA RALLY2 – AG. 1 – TROFEO R5 RECALVI.

A terceira proba do Campionato Galego de Rallyes será o obxectivo do equipo coruñés

Tras tocar o podio en Lalín, o dúo herculino formado por Iago Caamaño e Alberto Rodríguez volverá meterse no Ford Fiesta Rally2 do Caamaño Team para disputar os postos de honra no Rallye de Noia, que se celebrará esta fin de semana co récord desta tempada en canto a inscricións, o que confirma a importancia do evento noiés.
“Estou centrado en conseguir un bo resultado en Noia, creo que podo loitar pola vitoria na categoría Rally2/R5, aínda que non vai ser fácil dada a ampla lista de inscritos. En Noia conseguín a vitoria hai varias tempadas, e por iso confío en poder facer unha boa carreira.
Ademais, esta é a proba na que Alberto Rodríguez e mais eu debutamos xuntos, hai case dez anos, polo que teño especial ilusión por intentar loitar por un bo resultado con el.
O Ford Fiesta Rally2 está totalmente preparado, creo que vai ser un bo fin de semana de carreiras, sobre todo porque parece que será a primeira proba da tempada na que poderemos competir completamente en seco, polo que estou confiado nas miñas opcións”.

Fuente en https://iagocaamano.com/es/noticias/news-20240416-1829/

Nº109 – ESCUDERIA LA CORUÑA – ROBERTO LEIS LOPEZ – ALEJANDRO JOSE GARCIA PONTE – BMW 325 E36 -AG.1 – TROFEO VENTANAS XAGAL

Lles desexamos moita sorte, que disfruten y que acaden os seus objetivos.

Información do Rally na > https://www.peachaparacing.es/guia-tramos-horarios-inscritos-rali-noia-2024/