Os días 27, 28 e 29 de Xunio 2024, se celebra o 33º Rallye Internacional bp Villa de Adeje Tenerife
Trofeo CICAR 2024, puntuable para: FIA-Prueba Internacional – CERA RECALVI-Copa de España de Rallyes de Asfalto – FCA-Campeonato de Canarias de Rallyes de Asfalto – CPTR-Campeonato Provincial e Insular de Tenerife de Rallyes AON, onde estaremos presentes co equipo.

Nº 10 – ESCUDERIA LA CORUÑA -IAGO CAAMAÑO FIGUEIRA -JOSE ALBERTO RODRIGUEZ GONZALEZ – FORD FIESTA R5 MKII – AG. 1 – GR. Rally2 – COPA RECALVI
“”Iago Caamaño e Alberto Rodríguez disputarán por primeira vez a cita tinerfeña
A dupla coruñesa formada por Iago Caamaño e Alberto Rodríguez xa ten a súa Ford Festa Rally2 de camiño ao Rallye Villa de Adeje, onde competirán este fin de semana na terceira proba da Copa de España de Rallies de Asfalto, na que será a súa primeira participación na dita carreira, a segunda en terras insulares tras ter competido na tempada 2021 no Rallye Illas Canarias. A proba ademais terá un esquema de dúas xornadas, cun total de seis tramos a dobre pasada divididos entre o venres e o sábado. Ademais, Iago Caamaño poderá pór a punto a súa Ford Festa Rally2 no shakedown que se disputará na matinal do mesmo venres.
Iago Caamaño analizaba a súa participación na cita insular: “Voy co obxectivo de desfrutar dunha carreira diferente, xa que este rallye ten uns tramos moi particulares xa que son moi curtos aínda que bastante intensos. Esta tempada está sendo complicada porque fe sufrido varias incidencias mecánicas que non esperábamos, xa que o Ford Festa Rally2 está totalmente revisado, sen embargo, as carreiras son así e hai que seguir loitando. Espero que en Adeje poida loitar cos mellores do certame nacional, aos que se suman os equipos locais que tamén van intentar brillar, así que me espera un fin de semana intenso do que espero volver con boas sensacións para afrontar a segunda parte da tempada con enerxías renovadas.” “”
Rallye Villa de Adeje
Horario Tramo Km
Viernes ,28 de junio de 2024
17:35h – 21:05h TC1/4: Guía de Isora 8,42 Km.
18:10h – 21:40h TC2/5: Tamaimo 6,99 Km.
18:40h – 22:10h TC3/6: Guía – Costa Adeje 8,36 Km.
Sábado, 29 de junio de 2024
10:00h – 14:40h TC7/10: Granadilla – San Miguel – Vilaflor 20,49 Km.
11:00h – 15:40h TC8/11: Karting 3,83 Km.
11:50h – 16:30h TC9/12: Adeje 9,27 Km.
Total kilómetros cronometrados: 114,72 Km.
Original en la WEB https://iagocaamano.com/es/noticias/news-20240625-1019/
