40 RALI NOIA 2026 – CGR – CAAMAÑO TEAM OBJETIVO PODIUM

Os días 17 e 18 de abril, se celebra o 40 Rali Noia, segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi. Felicitamos a ESCUDERIA BERBERECHO, po lo seu 40 aniversario.

Nº 4 – IAGO CAAMAÑO FIGUEIRA – JOSE ALBERTO RODRIGUEZ GONZALEZ – CITROEN C3 RALLY2 – AG. 1 – SUPERCAMPIONATO PIRELLI RECALVI

O Caamaño Team co podio como obxectivo en Noia

Iago Caamaño e Alberto Rodríguez xa teñen todo listo para a 40ª edición do Rali de Noia, que se celebra este fin de semana. Tras un inicio de tempada en Lalín marcado por un contratempo mecánico que lles impediu subir ao podio, o equipo coruñés chega á vila noiesa coa motivación intacta e un obxectivo claro: loitar polo chanzo máis alto do podio.

O equipo aproveitou as semanas previas para realizar unha revisión exhaustiva do Citroën C3 Rally2, de cara a unha cita que estreará un novedoso esquema de tres tramos a dobre pasada en liña, o que esixirá máxima concentración durante os case noventa quilómetros cronometrados.

Caamaño demostraba a súa confianza no seu ritmo: “Noia é un rally que nos encanta. É rápido, técnico e cunha afección volcada. Despois do sabor agridoce do Cocido, onde non puidemos sumar o resultado esperado por un problema mecánico, temos moitas ganas de resarcirnos. O coche está perfecto e o equipo fixo un traballo incrible na casa para que todo estea ao detalle. Sairemos a por todas desde o primeiro tramo; o obxectivo é recuperar sensacións e estar na loita pola vitoria desde o inicio”.

WEB >https://iagocaamano.com/es/noticias/news-20260413-1059/

Información del Rali  > https://www.peachaparacing.es/guia-tramos-horarios-y-lista-de-inscritos-rali-de-noia-2026/