A Escudería

Entidade fundada oficialmente o 3 de outubro de 1969, como a primeira na Coruña dedicada exclusivamente ao automobilismo deportivo en xeral.

Designada pola Real Federación Española de Automobilismo, “organizador do ano” 2016.

Foi sede da Federación Noroeste de Automobilismo e da delegación na Coruña do Colexio de Oficiais do Noroeste, e organizadora da primeira proba disputada no primeiro Campionato de Galicia de Automobilismo: o II Rally dos Pazos, o 9 de febreiro de 1975.

Campioa de Europa de Turismos, co coruñés Eusebio Bonjoch (Bin Jock), o piloto alemán Johan Abt, e os italianos Alfredo Faraoni e Umberto Gran, tras vencer nas 24 horas de Spa.

Campioa de Galicia de Rallyes, por Escuadras, nos anos 1984 e 1985.

Campioa de Galicia de Montaña, por Escuadras, no ano 1993.

Campioa de España de Enerxías Alternativas Euro 6, no ano 2018.

Campioa de Concursantes Colectivos Supercampeonato de España de Rallyes 2022

Nos anos 1982 e 1983, foi a entidade automobilística española que organizou o maior número de probas durante a mesma tempada (11 probas ao ano).

Entre as probas que organizou destacan o Rallye Internacional da Coruña, que conta ata o momento con 19 edicións chegando a formar parte do Campionato de Europa de Rallyes nos seus 5 últimas edicións, e que se disputou baixo diversas denominacións desde o ano 1983 como Criterium Amora Renault, pasando por Criterium Ciudad de Cristal e finalizando no ano 2001 como Rallye Internacional da Coruña (co pertinente permiso da Escuadra Centola, primeira organizadora do Rally que leva o nome da cidade).

OUTRAS PROBAS ORGANIZADAS:

  • Campeonato de Velocidad Ciudad de La Coruña (Subidas a la Grela)
  • Autocross de Arteixo en sus inicios, en el circuito de As Figueiras en Sabón y Autocross de Cerceda
  • Rallyes de Los Pazos, Criteriums Arrojo-Seat, Marineda Motor y Mora-Renault
  • Subidas a la Zapateira, Espenuca, Barreiro, Caaveiro, A Capela, A Estrada, Irixoa, Carballo, Culleredo, Villozás
  • Campeonato de La Coruña de Velocidad, del que formaban parte varias de las subidas anteriores
  • Karting Ciudad de La Coruña

 

COMPETICIÓNS ACTUAIS:

  • Autocross de Carballo (Campeonato de España de Autocross), desde 2009
  • Rally Terra da Auga (Campeonato de España de Rallys de Tierra), desde 2014
  • Rallye Rias Altas Histórico (Campeonatos de España de Velocidad y Regularidad para vehículos históricos), desde 2015, en co-organización con Escudería Ferrol
  • Eco Rallye de A Coruña (Campeonato de España de Energías Alternativas), desde 2016

 

Entre os membros históricos do equipo de competición, destacaron, ademais dos xa citados Eusebio Bonjoch, Johan Abt, Alfredo Faraoni e Umberto Gran, o venezolano Luciano Ottero, o donostiarra Juan Kutz (subcampión de España de Montaña en 1972) e os coruñeses Moncho Baladrón, Carlos Lanzo, Santiago Saído, Chacho Pintos, Fernando Rendueles, Alberto Berguer, Fernando González do Castelo, Cesáreo Sánchez, Alberto González e Dito Liñeira..

Mención especial merecen Carlos Piñeiro, 3º do Campionato de España de Rallyes 1983, e campión de Galicia de Rallyes en 1980, 81, 82, 84 e 87 e estandarte da entidade durante os anos 80,  e José Moura, Campión de Galicia de Rallyes en 1985 e 86

Outros exitosos pilotos que formaron parte desta Escuadra no seu momento, e a risco de deixar innumerables no tinteiro, foron José Caamaño, Manolo Neira, Luís Barrio, Pepe e Marcelo Conchado, Iago Caamaño (Campión de España de Car-Cros), Pedro Rubal, Roberto Blach, Amador Vidal, José Mariñas, Pepe Pereira, Alex Gaudino, Javier Rey, Mario Presedo, Manolo Vázquez Castelos, a familia “Ou Longo”, Carlos Troche, Alberto González Jr, Ernesto Vázquez, Carlos García Ferreiro, José Luis Santos, Manolo Balado, Pepe Cabanela, Joaquín García Balsa, José Pouse, Miguel Caramés, Chano Arias, Pere Lariño, Miguel Lanzo, Paco Francesch, Juanjo López, Dani Menéndez e vencedores de copas de promoción como Isaac Fernández, Antonio Solórzano e Javier Miranda, ou mesmo de forma esporádica Manuel Juncosa, Beni Fernandez y Rafael Cid, elenco onde tamén teñen o seu oco nosas pilotos femininas como María Marchesi, Bel Lage, Angeles Folgar; Margarita Rey, Amparo Acosta ou Sandra García Cambón.

Non podemos obviar aos pilotos pioneiros do #Autocrós galego como foron Milton, Seijas, Barrós, Santiago Ares Sr. ou Seve Anido.

A todos eles uníronse pilotos doutras Comunidades Autónomas que chegaron a competir baixo as cores da Escuadra como foron o abulense Javier Moreno ou mesmo máis recentemente o cántabro Dani Xordo nunha esporádica participación no #Autocrós de Carballo.

Dos actuais destacamos a Tito Rodriguez (subcampión de España de Kartcross en 2001), Roberto Blach Jr, (Campión de Europa Junior de Rallyes e da Peugeot Rally Cup Ibérica 2018) (Campión da Beca RTS Junior 2022 e da o salto o Junior WRC, da man do Rallye Team Spain), José Manuel Valeiro/María José V. del Palacio, equipo SubCampión de España de EcoRallyes 2022 (Híbridos), Marta Lago (tetracampeona de Galicia de Karting) ou  Antón Otero (3º clasificado na Copa Kobe Motor do Campionato de España de Rallys de Terra).

Con todo, o máis ilustre dos nosos membros o é Luís Rodríguez Moya copiloto Campión do Mundo de Rallyes nos anos 90-92 e emblema mundial dos rallyes e da Coruña. E iso lévanos a non esquecernos dos grandes copilotos que pasaron polas nosas filas, como os irmáns Julio e Carlos Orozco.

En canto ao grupo de Oficiais de Escuadra A Coruña, a súa participación ao longo da historia e en toda a xeografía nacional foi moi abundante, sendo as máis actuais as colaboracións nos #Autocrós de Carballo do Campionato Gallego, Rallys de Ferrol e Rias Baixas do Campionato de España de Rallys de Asfalto, e Rally Terras de Lorca do Campionato de España de Rallys de Terra

Do recoñecemento nacional e internacional dos oficiais de Escuadra A Coruña, dan boa mostra os cargos alcanzados por membros desta entidade como Alberto González Observador da Federación Internacional de Automobilismo en Rallyes e Comisario Deportivo en Raids Todo Terreo; Juan Fernández como Director de Competición do Campionato de España de #Autocrós, Comisario Deportivo do Campionato de España de Karting e membro da Comisión Off Road da Real Federación Española de Automobilismo; Pepy Touriñán, Directora de Carrera de Rallys do Campionato de Europa  falecida tras unha fatal enfermidade; Angel Luís Rodríguez como Delegado Técnico da R.F.E.da en #Autocrós, Montaña e Rallyes de Terra, e na Baixa España Aragón e Comisario Técnico dos Campionatos de España de GT e V6 en circuíto, Karting e responsable da Copa Fiat Punto de Galicia e nacional; Francisco Fernández como Comisario Deportivo e Técnico do campionato de España de Karting; Angel Longueira membro da Comisión Nacional Off-Road, Alberto Olañeta Comisario Deportivo permanente de Enerxías Alternativas e Alex Torres Delegado Técnico desta mesma especialidade. O recoñecemento expreso a todo este sementeiro oficiais veu a finais de 2018 co nomeamento de Francisco Fernández Ferreiro como Oficial do ano da Real Federación Española de Automobilismo.

Finalmente debemos mencionar aos que foron ata o de agora presidentes da Entidade:

    • Julio Saenz Chas
    • Manuel Murillo
    • Alberto González
    • Pepy Touriñán
    • Jorge Díaz
    • E novamente Alberto González

XUNTA DIRECTIVA ACTUAL
D. Alberto González Naveira - Presidente
D. José Caamaño Louro - Vicepresidente 1º
D. Rafael Martínez Romero - Vicepresidente 2º
D. María T. González Olañeta - Secretaria
D. Juan Bosco González Arias - Tesorero
D. Domingo Diaz Basoa - Vocal
D. Victor Fontela Casal - Vocal

 

E tampouco queremos esquecer nesta relación a outras persoas moi relevantes nos éxitos da Escuadra ao longo da historia, como Ernesto Rumbo, Fernando Arévalo, Antonio Río, Angel García e José Ramón Losada (D.E.P.).