2º TROFEO LA BASE – ESCUDERIA LA CORUÑA PRESENTE CON 3 PILOTOS (RFEdA)

Estaremos presentes con:

LUCAS ORDOÑEZ MARTIN – ALBINO MUNIZ PAMPIN – JOSE MANUEL TEIJO PAMPIN

Yes enviamos o noso apoio, desexando que disfruten, teñan moita sorte e alcaden os seus obxetivos.

“”O 2º Trofeo La Base Motor Club chega para consolidar a súa posición como un dos eventos de deportes de motor máis espectaculares e completos do calendario nacional. Tras o éxito da primeira edición, este ano subimos a aposta cun fin de semana cheo de emoción, velocidade e espectáculo nun escenario único.

O evento celebrarase os días 20 e 21 de xuño de 2025 no Complexo La Base Motor Club, un espazo creado por e para entusiastas do deportes de motor, que conta cun circuíto profesional de 2 km especialmente deseñado para este tipo de competición.

A actividade principal será unha espectacular competición de Carcross no formato 1v1 Race of Champions, na que se enfrontarán algúns dos mellores pilotos do panorama nacional. Tamén participarán dúas figuras públicas convidadas, achegando visibilidade e entretemento ao evento.

Pero o Trofeo La Base Motor Club é moito máis que unha simple carreira. É un gran festival de deportes de motor onde os asistentes poderán gozar de exhibicións de estilo libre, exposicións de vehículos únicas, zonas interactivas, food trucks, música en directo e un ambiente deseñado para todas as idades””.

VENRES, 20 DE XUÑO – SÓ ADESTRAAMENTO LIBRES  – ENTRADA GRATUÍTA

SÁBADO, 21 DE XUÑO – 10:00 A 2:00 – CARREIRAS – EXPOSICIÓNS – ESTANDOS – SIMULADORES – ESPECTÁCULOS – FREESTYLE – SORTEOS – DJS

CIRCUITO no COMPLEXO LA BASE MOTOR CLUB, LGAR DE VILLAR DE FRANCOS, S/N, 15109 CARBALLO.

Compra entradas en > https://www.labasemotorclub.com/entradas/