Os días 21 e 22 de febreiro celebrarase o IV RALLI DA MENCIA – VILLA DE CACABELOS do Campionato de Rallyes de Castela e León, estaremos presentes con 2 equipos:

Nº 2 – Escudería La Coruña – Iago CAAMAÑO FIGUEIRA -José PINTOR BOUZAS – Citroën C3 Rally2 – Grupo Rally2 – Clase 6
O piloto coruñés estreará o seu novo Citroën C3 Rally2 no arranque da tempada
O piloto coruñés Iago Caamaño afrontará este fin de semana a primeira cita da súa tempada 2025, o Rallye de La Mencía, a bordo do seu recén estrenado Citroën C3 Rally2. Nesta ocasión, contará coa experiencia de José A. Pintor como copiloto, debido á imposibilidade de que Alberto Rodríguez o acompañe por compromisos laborais.
A proba, que será o inicio do ano para Caamaño, presenta un percorrido renovado no que destaca que só unha especial se repetirá respecto á edición de 2024. Os participantes terán que enfrontarse a catro tramos cronometrados a dobre pasada.
Iago Caamaño comentaba na previa: “Estoy moi ilusionado de volver ao Rallye de La Mencía, unha proba que sempre me encantau e na que gardo moi bos recordos. Este ano, ademais, chegamos co desafío adicional de estrear o Citroën C3 Rally2, o que fai que esta primeira cita da tempada sexa especialmente emocionante para mí. O obxectivo será dar o mellor de nosoutros e intentar revalidar o triunfo do ano pasado, xa que Cacabelos é como mi segunda casa, cun certame onde competimos en igualdade de condicións.
En 2025 femos decidido non seguir un campeonato de forma continua, o que me permitirá competir nas probas que máis me gusten, xa sexan a nivel autonómico, nacional ou mesmo internacional. Este calendario máis aberto me motiva moito, porque podo desfrutar do rally ao máximo e enfrontarme a retos variados. Agradezo a todos os que están detrás deste proxecto polo seu apoio incondicional, e agora toca saír e gozar do que máis nos gusta”.
Orixinal > https://iagocaamano.com/es/noticias/news-20250220-1519/

Nº 74 – Escudería La Coruña – José Mario SEGADE GONZALEZ – Christiam MEJUTO SOUSA – Mg ZR – Grupo 2 -Clase 1
Enviámoslles o noso apoio, esperando que disfruten e consigan os seus obxectivos.
Mais información na WEB> https://fotomotor.es/competicion/2376/iv-rallye-la-mencia-villa-de-cacabelos-2025/
