ESCUDERIA LA CORUÑA NO 3 RALLYE RIBEIRA 2023 CON 2 EQUIPOS (FGA)

Os días 18 e 19 de novembro celébrase o III Rallye Ribeira – Ria de Arousa, última proba do Campionato Galego de Rallyes 2023, onde concursaremos con:

Nº 4 – ESCUDERIA LA CORUÑA – IAGO CAAMAÑO FIGUEIRA – ALBERTO RODRIGUEZ GONZALEZ – FORD FIESTA MKII RALLY2 – AGR. 1 – TROFEO PIRELLI-DRIVER-AUTIA TOP TEN A – COPA R5 RECALVI

O conxunto herculino figura entre os favoritos para a última cita da competición autonómica

Despois da boa actuación realizada no último Rallye do San Froilán, onde Iago Caamaño e Alberto Rodríguez conseguiron subirse ao podio co seu Ford Fiesta Rally2, o Caamaño Team disputará esta fin de semana no Rallye Ribeira – Ría de Arousa, última proba de un Campionato Gallego de Rallyes que chega xa decidido, pero que ofrecerá unha boa dose de emoción na loita pola vitoria na terceira edición da proba ribeirense. Iago Caamaño, analizou o evento tras realizar o recoñecemento esta fin de semana: “Será a nosa primeira participación nesta proba, polo que imos tentar aproveitar a oportunidade para traballar para a próxima tempada, sen deixar de lado a loita pola vitoria. . Sabemos que será complicado xa que os rivais teñen un gran nivel, pero neste último cuarto fomos recuperando o ritmo e cada vez somos máis competitivos a bordo do noso Ford Fiesta Rally2.  Gustáronnos os tramos, son bastante técnicos e pasan por algúns ámbitos históricos do automovilismo galego, o que sempre é un aliciente. “Non será a última cita da nosa tempada en particular, xa que temos previsto competir en Asturias antes de pechar o ano”.

Nº 113 – ESCUDERIA LA CORUÑA – FERNANDO LÓPEZ PEREZ – ALEJANDRO LÓPEZ GONZÁLEZ – FORD KA – AGR. 4

Enviámoslles o noso apoio e desexamos que acaden os seus obxectivos.