A Escudería La Coruña, coa súa tenacidade e esforzo, conseguiu levar a Galicia una proba automobilistica do Campionato do Mundo.

Queremos agradecer moi sinceramente a todas e todos os oficiais, equipos, administracións, concesionarios e patrocinadores, porque sen a súa inestimable axuda non poderiamos chegar a esta altura. Agora temos que unir forzas e ser capaces de demostrar que somos organizadores dignos, para manter un evento de talla mundial no máis alto. Poderemos estar á altura, se as administracións entenden que estar na cúspide esixe unha visión e un enfoque moi distinto, maior que o que se levaba a cabo ata o de agora, esixe unha conciencia aberta, a unha realidade presente, moi vencellada á ecoloxía e que Galicia ten a oportunidade de demostrar que é capaz de competir con outras nacións e países organizando probas similares.
Sen dúbida que o apoio será total, a Escudería La Coruña está disposta a poñer todo o seu coñecemento na Oitava edición do Ecorally A Coruña.
