ESCUDERIA LA CORUÑA – RESULTADOS 36 RALLYE CIDADE DE NARON (CERA)

Malos resultados dos nosos escudeiros, 3 equipos abandonan e 1 remata o rallye.

Nº 46 – PABLO ALVAREZ RODRIGUEZ – JOSE A. VARELA MOURE – MINI COOPER S – Gr. H – Clase 2 – Tracción 2RM DEL. Remata no posto 28 da General, 11 en Históricos e 13  na Clase 2.

Nº 10 – ESCUDERIA LA CORUÑA – IAGO CAAMAÑO FIGUEIRA – JOSE ALBERTO RODRIGUEZ GONZALEZ – FORD FIESTA R5 MKII – Rally2 – Cat.1 – Tracción 4RM – TROFEO CHALLENGE RECALVI,

“”O CAAMAÑO TEAM NON PUIDO COMPLETAR O RALLI CIDADE DE NARON

O dúo coruñés sufriu un problema mecánico no seu Ford Fiesta Rally2 que obrigou ao seu abandono cando estaban no Top 10 Nacional.

Fin de semana complicado para Iago Caamaño e Alberto Rodríguez na segunda proba da Copa de España de Rallyes de Asfalto celebrada esta fin de semana en Narón. O equipo herculino viu como un problema na caixa de cambios do seu Ford Fiesta Rally2 obrigou a abandonar cando se atopaban na oitava posición da xeral.
Iago Caamaño comentou as súas sensacións: “Estabamos a gozar da gran carreira que é o Rallye Cidade de Narón, que tamén esta tempada tivo una lista de inscritos espectacular, con grandes equipos contra os que nos estabamos medindo cara a cara.
Non obstante, no último tramo do bucle matinal vimos como se bloqueaba a quinta marcha do noso Ford Fiesta Rally2, polo que completamos o bucle da mellor maneira posible, e tras unha primeira inspección por parte do equipo decidimos abandoar pra non forzar a mecánica e poder revisar todo a fondo antes da nosa próxima proba.
Ata ese momento estabamos competindo a bo nivel, tendo en conta que esta tempada levamos a cabo un calendario no que alternamos probas nacionais e autonómicas.
“Agora tomaremos unhas semanas de descanso para poñer a punto o Ford Fiesta Rally2 e saír a gozar de novo”.

“” https://iagocaamano.com/es/noticias/news-20240527-1523/

Nº 58 – ESCUDERÍA LA CORUÑA – CRISTOBAL EIRANOVA LEMA – ALEXIA GARCÍA COUSO – BMW 325I (E36) – AUT – 2RM – Tracción TRAS – TROFEO SIROCO – TROFEO TRASERAS FAM53. Abandoa a falta de 2 tramos pra completar o rallye, por avaría mecánica.

Nº59 – ROBERTO LEIS LOPEZ – ALEJANDRO GARCIA PONTE – BMW 325I (E36) Gr. H – Clase 2 – Tracción 2RM TRAS – TROFEO TRASERAS FAM53. Abandoa no tramo 2.

Yes damos as gracias por representarnos no 36 Rallye Cidade de Naron 2024.