IAGO CAAMAÑO SUPERA O RALLYE VILLA DE LLANES

O dúo herculino conseguiu meterse entre os dez primeiros clasificados do Súper Campionato de España de Rallyes

Fin de semana máis que intenso para Iago Caamaño e Alberto Rodríguez na segunda proba asturiana da competición nacional, onde competiron aos mandos do seu Ford Fiesta Rally2. A carreira llanisca estivo marcada por unha etapa o venres na que as choivas dificultaron aínda máis os sempre esvaradíos tramos asturianos, o que supuxo un gran reto para todos os participantes. Finalmente, e despois de aproveitar a ocasión para seguir collendo ritmo e probando diferentes axustes, o dúo coruñés rematou na oitava posición.
Iago Caamaño comentou as súas sensacións na final do parque cerrado: “Foi unha fin de semana dura, o ritmo do nacional está moi alto actualmente, e despois de estar tanto tempo sen competir sufrimos máis do previsto. Aínda así, estamos contentos de ter completado unha carreira, que sobre todo o venres, foi moi complicada.
Os tramos de Llanes son espectaculares e moi técnicos, e coa chuvia e o tramo nocturno foron un reto que acabamos superando.
O traballo do equipo foi moi bo, puidemos probar diferentes configuracións e axustes no noso Ford Fiesta Rally2, co que pouco a pouco iremos recuperando o ritmo para a próxima tempada.
Agora será o momento de descansar unhas semanas antes da nosa próxima cita”.

Fuente > https://iagocaamano.com/es/noticias/news-20230925-1144/