
Esta fin de semana (31 de marzo, 1 de abril) celébrase o ECO Rallye de Mallorca, o noso equipo co seu Toyota Yaris cedido por Breogan Motor e co apoio de CASMAR, arrancará con claras aspiracións de renovar a primeira posición do ano pasado.
A proba que é segreda no seu percorrido desenvolverase en boa medida pola serra de Tramontana segundo explicaron os organizadores.
Despois da proba de Valencia, quedan a medio punto da terceira posición do Campionato e a súa intención é escalar postos, esta tempada son os participantes máis numerosos da historia do Campionato.
Queremos desexarlles toda a sorte e que traian un bo resultado das Illas Baleares.
