
Rodando co novo Citroën AX, aumentaron o ritmo, mellorando e cada vez máis competitivos, disputaron 9 das 10 etapas do rallye, pero tiveron que abandoar cando quedaba a última etapa. Estamos con eles.
“”Chegamos ao Rally Pazo Tizón, no Carballiño, moi ilusionados coa estrea do Citroën AX, que @kike_domingz, alberto_ab_racing, @j.a.varelaroca, prepararon en tempo récord.
O coche rodou todo o día sen problemas, pero nunha batida na penúltima etapa topámonos cunha pedra, o que nos fixo quedar sen presión de aceite e tivemos que retirarnos.
Fomos terceiros de @criteriumgaliciarecalvi, pero esta vez non puido ser. Síntoo por toda a xente que nos axuda””

