Os días 3, 4 e 5 de setembro, celebrouse o RALLY TERRA DE GALICIA, con extraordinario éxito de público, de espectáculo e de organización. Felicitamos aos nosos veciños do Club Terra de Galicia polo éxito e por manter na Coruña unha proba do Campionato de España de Terra CERT-Rallycar.
Os nosos 3 equipos chegaron á meta, contentos e con bos resultados:

Nº 9 – ESCUDERÍA LA CORUÑA . IAGO CAAMAÑO FIGUEIRA – JOSE ALBERTO RODRIGUEZ GONZALEZ – SKODA FABIA RS Rally2 – GR. Rally2 – CAT. 1 – Tracción 4RM – Trofeo COPI SR.
6º en la Clasificación General. – 6ºRally2 – 6º Categoría 1 – Enhoraboa.
Iago Caamaño facía un balance moi positivo ao concluír a proba: “Estamos moi contentos co resultado que conseguimos. Sabíamos que a terra non é a nosa especialidade, así que o obxectivo principal era rodar de forma consistente, seguir sumando quilómetros de adaptación ao Skoda Fabia RS Rally2 e non asumir riscos innecesarios. Estar todo o rally entre os dez primeiros e rematar sétimos da xeral nunha proba do Campionato de España é fantástico. Agora xa temos a mente posta ao cen por cen no Rallymix de Cuntis dentro de dúas semanas, onde volveremos saír con este coche con moitas ganias de seguir nesta liña”. https://iagocaamano.com/es/noticias/news-20260907-1442/
Nº 21 – ESCUDERÍA LA CORUÑA – MIGUEL ANGEL VILAS MARTINEZ – PEDRO SUÁREZ PÉREZ – PEUGEOT 208 3P N5 – GR. N5 – CAT. 1 – Tracción 4RM – Trofeo PIL SR,

14º en la Clasificación General. – 3º N5 – 12º Categoria 1 – Podio 3º puesto N5 – Enhoraboa.
O N5 foi un desafío superado e están moi contentos coa experiencia e o resultado.

Nº 22 – ESCUDERÍA LA CORUÑA – XESUS ALFONSIN GONZALEZ – DIEGO FUENTES VEGA – FORD FIESTA – GR. Rally3 – CAT. 2 – Tracción 4RM
14º en la Clasificación General. – 2º Rally3 – 3 Categoría 2 – Enhoraboa.
Orgullosos dos nosos escudeiros, yes manifestamos o noso apoio e yes damos as grazas por nos representar.
Mais información > https://webapp.sportity.com/event/terradegalicia2026/4d9ba8bb-ff5a-4f5d-84e9-8c38c8049196
