Disputado fin de semana no Circuito Municipal de Carballo, para os nosos escudeiros.
Tito Rodríguez logra o mellor tempo na manga de clasificación, gaña as súas manganas clasificatorias e sae na primeira posición na final, tras unha boa saída e cando se dirixía con clareza cara á súa terceira vitoria consecutiva en Carballo, queda sen freos e perde a primeira posición, consegue termar segundo na carreira e subir ao 1º posto do campionato. ¡¡NORABOA!!
Roberto Rodríguez, que consegue clasificarse e saír no 7º posto na final, tras a arrancada tropézase cunha “MELÉ”, fica enganchado e non cruza a meta.
Moitas grazas por representarnos.
Felicitamos o CLUB RALLY CORUÑA, polo éxito do 17 AUTOCROSS DE CARBALLO 2025.
Próxima proba 8, 9 e 10 de Agosto, CEAX ARTEIXO
Crónica da proba > https://www.rfeda.es/noticias/c/0/i/89888877/record-de-participacion-en-carballo
