Do 17 ao 20 de setembro, organizamos o 10º REPSOL EcoRallye A Coruña, unha das 12 probas programadas en todo o mundo, que puntúa para a FIA ECO RALLY CUP, da Federatión Internationale de L´Automobile, para o Campionato de España de Enerxías Alternativas (CEEA) da Real Federación Española de Automovilismo (RFEDA) 3 pra Iberian Eco Rally Chalenge (IERC).
Contamos co apoio das institucións: Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Concello da Coruña, Deporte Coruña, Deputación da Coruña, sendo REPSOL, OMODA, JAECOOO (Resnovamotor) e PETROL, os patrocinadores principais; tamén contamos coa colaboración das seguintes marcas: Ford, Mazda, Hyundai, Kia, Skoda, Audi, Volkswagen, Renault, Toyota, Nissan, Dongfeng e Xpeng, un apoio moi importante para conseguir o mellor desenvolvemento da proba, polo que lles quedamos moi agradecidos.
Tomaron a saída 57 vehículos, (43 – 100% eléctricos, 7 – híbridos enchufables e 7 – híbridos non enchufables), teñen por diante un percorrido acorde co décimo aniversario, 587 km, sendo 425 km o 72,5% deles, cronometrados— pasando por 35 municipios galegos; 33 deles coruñeses e 2 lucenses.
Os participantes, entre os que se atopan 3 Campións do Mundo, 6 Campións de España, os líderes de 2026, enfróntanse a un percorrido esixente, onde a precisión e a eficiencia determinan a clasificación.

Repsol, patrocinador principal da competición, fornece a infraestrutura eléctrica do centro neurálxico da proba e habilitará un espazo con actividades abertas ao público.
O 10º Repsol EcoRallye A Coruña reforza a súa infraestrutura loxística na praza de María Pita coa instalación de 52 puntos de recarga cunha potencia total de 385 Kw/h, destinados a dar servizo a todos os vehículos eléctricos e híbridos enchufables que participarán na competición. A céntrica praza coruñesa volverá converterse no corazón operativo da carreira e nun punto de encontro imprescindible entre equipos, pilotos e público.
WEB 10º REPSOL ECORALLYE A CORUÑA

Invitamos e agradecemos ao público, pilotos, concursantes, colaboradores da organización, patrocinadores e institucións a súa participación.
