Hoxe martes ás 12:00 horas daba comezo a presentación do 10º REPSOL ECORALLYE A CORUÑA, no Salón Real do Palacio Municipal de María Pita. Participaron representantes da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello da Coruña, da Garda Civil, da Xefatura Provincial de Tráfico, das federacións española e galega de automobilismo, da Escudería La Coruña e patrocinadores principais coma Repsol e Resnova Motor.

O acto de presentación contou cun amplo respaldo institucional, deportivo e empresarial.
No ámbito institucional, asistiron Roberto García, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Antonio Leira, deputado de Deportes da Deputación da Coruña; Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes do Concello da Coruña; Roberto José Amor, tenente xefe da Garda Civil da Coruña; e María Victoria Gómez, xefa provincial de Tráfico da Coruña.
O ámbito do automobilismo estivo representado por José Vicente Medina, vicepresidente da Real Federación Española de Automovilismo; Antonio Rodríguez Troitiño, presidente da Federación Galega de Automobilismo; e Alberto González Naveira, presidente da Escudería A Coruña, organizadora da proba.
Por parte do principal patrocinador da proba e das marcas colaboradoras acudiron Guillermo Catalán, do departamento de Acuerdos Estratégicos e Posicionamento e Dirección de Mobilidade Eléctrica de Repsol; Benjamín Muñoz, director territorial da zona noroeste de Repsol; e Daniel Barros, director comercial en Resnova Motor de Omoda e Jaecoo.
Recordamos tamén as marcas colaboradoras: Petrol, Ford, Mazda, Hyundai, Kia, Skoda, Audi, Volkswagen, Renault, Toyota, Nissan, Dongfeng e Xpeng,
A todos. MOITAS GRAZAS

